31 de Julio 2010

Turexpo Galicia se celebrará del... | Más crisis, menos empleos en... | O PP, orgulloso da xestión... | Cambados elixe o domingo os... | Los hoteles pontevedreses capean la... | Paradores contra la violencia de... | Homenaxe ás mulleres peregrinas | Ponte Caldelas recrea a Guerra... | Fisterra acolle a XIX Festa... | Turismo presenta o Plan Turístico...

Antonio Portela

Oficio de sumiller. O Enoturismo Cando a vitivinicultura e o turismo converxen para o disfrute, o coñecemento e o tempo de ocio falamos de Enoturismo. Galicia é un destino de...

[seguir]

‘in’-FÓRMATE con AMAIGA

BUENAS PRACTICAS CON: Teresa Campos

_Licenciada en Derecho por la Universidad de Compostela, Master en Gestión de Ecoturismo y Técnico en Gestión de Administraciones Públicas y Técnicas Turísticas.

_Desde 1988 con Hostelería Galega & Turismo asume la coordinación de proyectos de promoción profesional –Campeonatos de Cocineros, Sumilleres y Jefes de Sala-, la organización de eventos, proyectos de formación y la Secretaría Técnica de colectivos profesionales del sector, Grupo Nove, Lareira, ...)

OConsulting
de TeresaCampos

A.MAI.GA, ASOCIACIÓN GALEGA DE MAITRES Y TÉCNICOS EN HOSTELERÍA

Axudas a asociacións para festas populares

Convocadas as subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico, no marco das actuacións de fomento do turismo encamiñadas á conservación do patrimonio cultural e histórico, considerado como atractivo turístico.

Ata o vindeiro 30 de outubro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para sufragar parcialmente investimentos directamente vinculados ao apoio, promoción e difusión de festas, romarías, exposicións, festivais, certames, congresos e outros eventos similares de contido turístico que se celebren en Galicia no ano 2009, que xiren en calquera caso oa redor de manifestacións de interese cultural, lúdico, folklórico, artístico, relixioso, gastronómico ou ambiental, e que se trate de actuacións que acentúen a valoración das tradicións populares e posúan unha especial importancia como atractivo turístico cara ao pulo económico da comarca na que se celebren, sendo subvencionables os eventos, que cumprindo os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, se celebrasen dende o día 1 de xaneiro de 2009.

A convocatoria, en réxime de concurrencia non competitiva, polo tanto ata o esgotamento do crédito orzamentario, considera gastos subvencionales aqueles que de maneira indubitable respondan a natureza da actividade subvencionable e sexan efectivamente realizados no ano 2009.

O importe das subvencións concedidas poderá acadar un máximo de axuda de ata o 75% do investimento subvencionable, co tope de 6.000 euros por entidade.
Poderán ser beneficiarias as asociacións sen ánimo de lucro inscritas no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia, e as agrupacións de persoas físicas e xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de persoalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto de subvención.
As solicitudes presentaránse na oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada e información adicional na Secretaría Xeral para o Turismo a través da páxina web oficial da Consellería de Cultura e Turismo, na súa epígrafe de "axudas":
http://culturaeturismo.xunta.es/oficina/procedemento, no enderezo electrónico axudas.dxt@xunta.es, nos teléfonos 981 54 63 79 ou 981 54 01 47, e presencialmente (Praza de Mazarelos, nº 15 de Santiago de Compostela). A orde da convocatoria publicouse no DOG nº 155 do día 10 de agosto de 2009.

[Imprimir]

Ver el calendario de Ferias, Jornadas, Fiestas, Salones, Seminarios, etc...