18 de Noviembre 2008
¿No está inscrito? >> registro

Oficio Turismo. Los secreto sdel éxito turístico El éxito turístico depende de la renta de las personas, cuando ésta baja y/o ven en peligro sus puestos de trabajo, dejan de irse de...
[seguir]
_Licenciada en Derecho por la Universidad de Compostela, Master en Gestión de Ecoturismo y Técnico en Gestión de Administraciones Públicas y Técnicas Turísticas.
_Desde 1988 con Hostelería Galega & Turismo asume la coordinación de proyectos de promoción profesional –Campeonatos de Cocineros, Sumilleres y Jefes de Sala-, la organización de eventos, proyectos de formación y la Secretaría Técnica de colectivos profesionales del sector, Grupo Nove, Lareira, ...)

a imaxe corporativa do turismo galego en destino e mellorar as condicións de accesibilidade e coñecemento dos seus recursos, como informabamos no último número de HG&T. Resumimos aquí os aspectos principias da regulación, e remitímolos ao texto completo do Decreto 138/2008 do 22 de maio, publicado no DOG nº 132 do 9 de xullo.
O Decreto é de aplicación á sinalización dos recursos turísticos de Galicia, e deberán utilizalos os departamentos da Administración autonómica, os seus organismos autónomos e entes de dereito público dependentes e as entidades públicas e privadas vinculadas co sector do turismo, cando executen calquera actuación en materia de sinalización turística no territorio galego. Todas as administracións públicas con competencias neste ámbito territorial procurarán a uniformidade da sinalización turística de Galicia, baixo os principios de información mutua, colaboración, cooperación, auxilio, coordinación e respecto das competencias respectivas. A partir da entrada en vigor do Decreto só poderán empregarse a estes efectos os elementos e sinais recollidos no seu articulado e catálogo, se ben a Administración turística de Galicia poderá incorporar novos elementos ou sinais turísticos.
O Decreto prevé que a Administración turística de Galicia estableza axudas e outorgue subvencións para facilitar a adaptación dos sinais turísticos á nova normativa, e poderá facelo tamén para o seu mantemento en óptimas condicións. Calquera actuación en materia de sinalización turística no territorio de Galicia precisará o informe previo vinculante da Dirección Xeral de Turismo, ou órgano equivalente que exerza esta función, no prazo de dous meses dende a recepción da solicitude, e informará en canto á súa adecuación ao novo Decreto, sen prexuízo das autorizacións que deban emitir os órganos competentes segundo o lugar da súa localización.
Son as entidades locais, de oficio ou por instancia de parte, as que deben instalar e conservar os sinais turísticos nos ámbitos da sua titularidade, e a Administración turística de Galicia poderá chegar a acordos con entidades privadas e/ou particulares para instalar sinais turísticos en bens de natureza privada.
Cando se trate de ámbitos ou elementos de titularidade estatal, como son os aeroportos, portos marítimos de interese xeral, estacións de ferrocarril, vías de titularidade estatal, bens do patrimonio artístico ou espazos naturais, a Administración galega coordinará as súas competencias coas da Administración Xeral do Estado.
En calquera caso establécese un prazo de dous meses a partir da entrada en vigor do Decreto para proceder á adaptación ás súas disposicións. O Decreto entrou en vigor aos 20 días da sua publicación no DOG (9 de xullo de 2008).
O Título II do Decreto desenvolve o formato e tipoloxías dos sinais turísticos: dimensións, formas, cores, nomenclatura, deseño e calquera outra condición técnica dos sinais turísticos que son especificados no Catálogo de sinais turísticos de Galicia, anexo ao Decreto, que se pode consultar en Internet: http://www.conselleriaiei.org/ga/upload/dx/des/2471-a-manualsinaliza_170708.pdf.
_Axudas de Salvamento e Reestructuración a Empresas en Crisis do IGAPE._Os Sistemas de Certificación da Xestión da Calidade no Sector Turístico_Bases reguladoras das subvencións para asociacións en apoio a festas populares e outros eventos de contido turístico._Chega unha cuestión sobre o dereito de admisión_Programas de Desenvolvemento Rural 2007-2011: proxectos subvencionables._Contratación de Extranxeiros (III)_Contratación de Extranxeiros (I)_Contratación de Extranxeiros (II)_Trazabilidad y congelación: buenas prácticas en la cocina