Sanxenxo constata en xuño a recuperación dos mellores rexistros turísticos




Sanxenxo constata a recuperación turística ao igualar en xuño os datos record rexistrados en 2019. O municipio contabilizou o pasado mes 87.343 pernoitas, segundo datos publicados polo INE, tan só un 0,32% menos que no mesmo período da serie histórica. En canto á orixe dos visitantes 67.348 proceden do territorio nacional e 19.995, do estranxeiro, cifras similares ao 2019. As estatísticas do INE non inclúen as casas rurais, os cámpings, os apartamentos turísticos nin tampouco as segundas residencias, un dos aloxamentos craves nas tempadas vacacionais.

O goberno está satisfeito coas cifras de xuño e espera que os bos datos turísticos síganse consolidando nos próximos meses. Con estas cifras Sanxenxo sitúase por diante de municipios recoñecidos tamén como puntos de interese turístico como O Grove (31.066), Vigo (80.617) ou A Coruña (80.292). En canto ás cifras recollidas no INE, estímase a apertura de 88 establecementos de aloxamento e un grao de ocupación por prazas do 45,74% que soben a 62,68% durante os findes de semana.

Outros indicadores que actúan como termómetro da situación turística do municipio é a cantidade de lixo recollido, o paro ou o parking de Nauta. Así, Sanxenxo recolleu 1.129.750 quilos de lixo o pasado mes de xuño, un 3,2% máis que no mesmo período de 2019. En canto ao número de parados, Traballo contabilizou un parado máis, 659, respecto de xuño de fai tres anos e o parking de Nauta recadou 48.466,45 euros fronte aos 51.615 euros facturados en 2019, é dicir, un 2,7% menos.

Concello e sector turístico continúan traballando para manter a calidade nos servizos que esixe o visitante e os estándares que se marca un destino de referencia como Sanxenxo.