Calexico actuará o 23 de xullo nas festas do Apóstolo en Santiago


A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a licitación da actuación musical de Calexico o día 23 de xullo durante as festas do Apóstolo 2022 e autorizar o gasto total por importe de 42.350 euros.

A escolla deste grupo faise procurando a presenza dun grupo internacional con prestixio, unha ampla repercusión musical e un importante número de seguidores en Galicia.