Estratexia para incrementar a venda de viños galegos nos mercados internacionais


A estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia márcase como obxectivo, entre outros, o de incrementar en dez puntos en valor a porcentaxe de vendas do viño galego de calidade certificada nos mercados internacionais. Así o trasladou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, en resposta a unha pregunta sobre esta cuestión na Comisión 7ª do Parlamento.

O responsable da axencia sinalou que un dos eixos da devandita estratexia pasa por lograr un equilibrio da presenza dos viños galegos nas distintas canles de comercialización e, neste sentido, apóstase pola internacionalización como mecanismo de crecemento do sector, sen esquecer o mercado nacional.

Neste sentido, resaltou que na actualidade unha de cada cinco botellas, é dicir, máis do 20% dos viños das denominacións de orixe galegas, saen da nosa comunidade con destino ao mercado internacional e destacou especialmente que saen cun prezo medio de exportación superior ao conxunto dos españois.

En relación co ámbito nacional, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria avanzou que coa estratexia se procurará aumentar o peso dos viños galegos naquelas zonas de España de elevado consumo, onde aínda non se ten unha presenza tan relevante. Nesta mesma liña, José Luis Cabarcos lembrou que a estratexia levouse a cabo mediante un intenso traballo participativo de todos os axentes da cadea de valor do viño e que o seu impacto, que xa se está a percibir,