En marcha a Oficina Técnica de Apoio ao Programa Next Generation Galicia Food

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e a Xunta de Galicia acaban de poñer en marcha a Oficina Técnica de Apoio ao Programa Next Generation Galicia Food, unha ferramenta que nace para impulsar a recuperación e a transformación do sector de alimentación e bebidas de Galicia a través da mobilización de proxectos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia vinculado aos fondos Next Generation (NGEU).

O acto de lanzamento, que tivo lugar no edificio Fontán da Cidade da Cultura, foi presidido por Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asemade contou coa intervención de Juan José de la Cerda, presidente de Cluster Alimentario de Galicia (Clusaga) e Fernando Guldrís, director do Igape. Esta presentación veu seguida dunha reunión de traballo na que participaron representantes dalgunhas das empresas galegas máis destacadas do sector.

ANFACO, Cafés Candelas, Viña Costeira, Congalsa, Coren, Gupo Calvo, Ceamsa, Gadisa, Galacteum, Hijos de Rivera, Jealsa, Grupo Lence, Larsa, Martín Códax e Vegalsa, entre outros, mostrando o seu interese e compromiso en establecer sinerxías para xerar proxectos tractores capaces de transformar o tecido industrial e o sector alimentario de Galicia.