Avanzan a bo ritmo as obras do Centro Cultural e Turístico “Antonio Fraguas” en Cotobade


Avanzan a moi bo ritmo as obras de rehabilitación que transformarán o antigo cine-baile de Carballedo no moderno e funcional Centro Cultural e Turístico “Antonio Fraguas”, que contan cun investimento duns 486.000 euros para poñer a disposición da veciñanza e dos colectivos socioculturais do concello de Cerdedo-Cotobade 477 metros cadrados distribuídos en dúas plantas dun edificio totalmente equipado.

Equipar e darlle vida a este Centro Cultural e Turístico “Antonio Fraguas” será un xeito de homenaxear de xeito permanente a un dos persoeiros máis senlleiros e namorados de Cotobade, e un dos dos activos máis importantes no mundo da cultura e das letras galegas.