ViniGalicia consigue por segundo ano consecutivo dous indicadores ARDÁN


Por segundo ano consecutivo ViniGalicia consigue dous indicadores ARDÁN. Recoñecementos que outorga a Confederación da Zona Franca de Vigo a empresas que cumpren cuns deteminados criterios, e que só acadan o 5% das empresas galegas. "É algo que nos enche de satisfacción e nos confirma que estamos dando os pasos axeitados en materia de innovación e internacionalización", segundo declaracións do CEO da firma chantadina, Juan Luis Méndez, a Onda Cero Monforte, no dec urso dunha entrevista.