O sector vitivinícola galego marcha vento en popa segundo a Xunta


A Xunta pon de relevo a boa evolución do sector vitivinícola galego tras a emerxencia sanitaria por mor da covid-19. Así o destacou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, na súa intervención na comisión 7ª do Parlamento galego, na que celebrou a abondosa colleita deste ano. Con 73.620.544 quilos de uva de boa calidade recollidos, foi a mais numerosa do último decenio e a segunda máis cuantiosada historia, despois da de 2011.

Na liña deses bos resultados, segundo o director, apenas se presentaron solicitudes para acceder ao préstamo vendima habilitado pola Xunta para que as adegas galegas puidesen mercar a totalidade da uva en condicións normais de mercado.En concreto, houbo tan só 25 solicitudes para 3,1 millóns de euros. Trátase, lembrou, dunha liña de financiamento impulsada pola Xunta para axudar aos autónomos, microempresas e pemes máis afectados pola covid-19, a cal mobilizou uns 60 millóns de euros entre 2020 e 2021.