Piperegrinos, as gaitas do Camiño, resalta este instrumento como eixo das culturas europeas

Piperegrinos, as gaitas do Camiño, é un espectáculo musical itinerante que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional.A 

Xunta de Galicia, no marco da celebración do Xacobeo 2021-2022, promove este encontro de destacados gaiteiros de España e Portugal que actuarán en oito vilas galegas entre os días 23 e 31 de outubro en oito vilas da Comunidade galega.

Piperegrinos, as gaitas do Camiño resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.

Trátase ademais,  dun espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.

Neste sentido, este acontecemento situará a Galicia como punto de referencia do encontro e convivencia das gaitas ibéricas, que potencia a presenza de gaiteiros galegos e foráneos na escena musical do noso país e propicia sinerxías e alianzas para futuras colaboracións artísticas.

Artistas

O programa Piperegrinos inclúe a participación de 6 intérpretes de gaita que actuarán en formacións trío e dúo, coa participación de 17 músicos.

Os gaiteiros que intervirán neste acontecemento son: Francesc Sans, co instrumento sac de gemecs, de Catauña, acompañado de  Manel Martorell, mandola, e Titus Prats, percusión;  Adrián Gil, coa gaita de boto, dese  Aragón, acompañado de Alberto Navas, violín,  e Serchio Pardos, guitarra, percusión; José Manuel Tejedor, coa gaita asturiana, desde  Asturias, acompañdo de Richard García, teclado, e Daniel Álvarez, bouzouki, bodhran; Luis Antonio Pedraza, con gaita sanabresa, desde Castela e León, acompañdo de  Carlos Beceiro, guitarra, e Miguel Mateos, tambor sanabrés; Tiago Morais, intérprete da gaita mirandesa e gaita de sesimbra, desde Portugal, acompañado de Tiago Marques, acordeón e  cavaquinho; e Oscar Ibáñez, gaita galega, de Galicia, acompañado por Xosé Li,- bouzouki- e  Andrés Vilán – caixón-.