Cita en Vila Verde este `finde´coa Festa das Colheitas


“Invitamos a todos os galegos a visitar e coñecer Vila Verde e gozar nestes días da Festa das Colheitas e da nosa gastronomía minhota”, invitación que fai a vereadora da érea de Cultura desta localidade portuguesa, Julia Fernándes. Ata o domingo 10 de outubro estase a celebrar en Vila Verde a Festa das Collheitas, unha fiestra aberta para amosar as potencialidades do rural minhoto, nun formato adaptado ás medidas sanitarias e con todas as medidas de seguridade para os visitantes.

Nesta edición hai espectáculos musicais, concursos de artesanía, de razas avícolas, agropecuario,música popular, a feira tradicional “Revivir o pasado”, postos de artesanato, maquinaria agrícola e productos rexionais (fumeiros, queixos, aceite, docería,viño…).

O municipio de Vila Verde está localizado no distrito de Braga, a escasos 10 quilómetros desta cidade, a poucas decenas de quilómetros das praias que se estenden pola orla costeira marítima entre os centros urbanos de Porto e Galicia e moi preto do Parque Nacional da Peneda-Gerês.

Atesoura esta vila portuguesa un amplo patrimonio, traducido nos vestixios arqueolóxicos, na arquitectura civil e relixiosa, nos conxuntosrurais típicos, nos aspectos etnográficos da cultura popular, no artesanato, na gastronomía tradicional, na verde paisaxe e nos ríos que o atravesan.

As feiras, de periodicidade semanal, quincenal, mensual e anual, os eventos culturais e as exposicións temáticas revelan o compromiso no desenvolvemento cultural, social e económico do municipio.

Os Lenços de Namorados, verdadeiros ex-libris desta terra, os artigos en liño, o tecido en telas, as miniaturas e xoguetes en madeira, os instrumentos musicais, a olaría, a cerámica pintada á man e as pezas en granito son algúns dos produtos representativos da artesanía local.

Os ríos Cávado e Homem teñen excelentes condicións para a práctica de piragüismo e pesca deportiva, ademais de proporcionar excelentes praias fluviais nas súa smarxes para o goce de veciños e visitantes.

O pudim Abade de Priscos do coñecido "Papa dos cozinheiros", natural da freguesía de Turiz e famoso polos seus dotes culinarios, é un dos grandes referentes da gastronomía destas terras, xuntoco galo Pica no Chao, acompañado habitualmente de arroz e a súa propia sangue.