Terra de Asorei, Medalla de Prata en Mundus Vini


O Albariño Rías Baixas “Terra de Asorei”, ven de acadar unha Medalla de Prata no concurso Mundus Vini. "Para nos non se trata soamente dunha distinción, senón que supón un recoñecemento á calidade dos nosos viños do Val do Salnés - Rías Baixas", precisan dende a adega pertencenta á subzona do Salnés.

Trátase dunha das competicións de viño máis importante do mundo que se celebra todos os anos en Alemania e conta cun xurado de gran reputación mundial no sector vitícola. Ademáis, durante a feira internacional de viños máis importante, ProWein, os viños galardoados neste concurso son expostos nunha unha área de cata.