Terras Gauda, descubre a esencia da bodega nunha ruta a cabalo polo viñedo


O Val do Rosal envolve coa súa maxia. O viñedo de Terras Gauda invita a deterse ante a beleza do entorno. Sensacións pracenteiras que se acentúan a lombos dun cabalo de raza autóctona galega. É o programa de enoturismo estrela desta tempada. Unha experiencia con encanto, irrepetible e apta para persoas de todas as idades. 

Esta especie equina de pura raza galega marca un ritmo suave, acompasado ao momento. É idónea para percorrer o viñedo guiados por un experto. Unha actividade que se desenvolve en colaboración cos profesionais de Finca Moreiras e Senda Natura, pensada para grupos moi reducidos os sábados ás 10.30 horas. Como colofón, unha degustación de Terras Gauda e Abadía de San Campio. 

Os visitantes que opten por percorrer o viñedo a pé tamén terán a oportunidade de descubrir os segredos da bodega e os diferentes procesos nun percorrido guiado que culminará na enotenda. É fundamental reservar previamente para unha mellor organización. 

O plan de enoturismo continúa con tres programas que cautivan, que atraen cada vez a máis amantes do viño dispostos a vivir experiencias das que deixan pegada: “Terras Gauda para dous”, “Plan familiar” e “Plan entre amigos”. Momentos para compartir en parella, con toda a familia ou cun grupo de amigos. Plans con encanto, acompañados por actividades adaptadas ao perfil de cada un dos visitantes. 

Dende O Rosal á sempre evocadora paisaxe berciana. Bodegas Pittacum, enclavada na tradicional localidade vitivinícula de Arganza, abre as súas portas para desvelar a súa marcada identidade, forxada en torno á uva Mencía. 

Bierzo e Ribera del Duero con programas de enoturismo totalmente personalizados e adaptados aos diferentes perfiles do visitante

“Pittacum E-Bike”, un plan que se desenvolve en colaboración con Eberent e que require reserva previa, ofrece a posibilidade de coñecer os viñedos centenarios a través dunha ruta en bicicleta eléctrica. Para o final queda descubrir o encanto da vella casona que alberga as barricas e a bodega, e a degustación de dous viños e un aperitivo. Todos os sábados ás 10.00 horas. 

A experiencia “Pittacum único” proponse desvelar ao visitante as claves da tradición vitivinícola do Bierzo a través dun percorrido pola bodega e os viñedos. Os xoves e venres, ás 10.30 e ás 12.30. E o domingo, ás 11.00. 

Continuamos cara Ribera del Duero, enclave privilexiado da bodega biodinámica do Grupo Terras Gauda: Quinta Sardonia. O equilibrio entre os chans, o clima, as cepas e o entorno natural é a clave desta singular forma de entender a viticultura. Os sábados ás 10.30 e 12.30 horas, e o domingo ás 11.00 horas, na localidade de Sardón de Duero.

A información e os detalles pódense consultar en www.terrasgauda.com/enoturismo