O CR Ribeiro celebrou a precata para elexir os mellores viños da DO


O C.R.D.O. Ribeiro celebrou  a precata para elixir os mellores viños da Denominación de Orixe Ribeiro da colleita 2019 en brancos e de 2018-2019 en tintos. O acto está tendo lugar nun amplo salón do Hotel Laias Caldaria, para poder cumprir coa distancia social entre os catadores. Neste concurso participan as marcas correspondentes á última anada -un total de 60 viños- das adegas inscritas nos rexistros da Denominación de Orixe Ribeiro que cumpran os requisitos establecidos. 

Juan Manuel Casares comenta “con esta precata damos o pistoletazo de saída dos Premios D.O. Ribeiro, que se as circunstancias non cambian, entregaremos nun acto mixto, presencial e online, tanto aos mellores viños da D.O. como ás personalidades do mundo do viño e ás mellores iniciativas profesionais a mediados do vindeiro mes”. 

Desta cata cega saen seleccionados seis viños en cada unha das catro categorías existentes (viños brancos e tintos de colleiteiro e viños brancos e tintos de adegas). Posteriormente seleccionaranse os gañadores (un único premio por categoría) a vindeira semana, na cata final que terá lugar novamente en Laias (Cenlle) e que contará cun xurado composto polos catadores: 

Aarón Álvarez Fernández (Asociación Galega de Sumilleres-AGASU); Constantino Iglesias Fernández (Asociación Galega de Catadores); Luis Buitrón Barrios (Asociación Galega de Enólogos); Waldo Carreiras Albo (Asociación de Sumilleres Gallaecia); Antonio Santamaría Meréns, José Meréns Martínez, María Isabel Gómez Soriano e José Luis Fernández Gómez estes últimos do panel cata C.R.D.O. Ribeiro.