
Pero, abril é un mes perfecto para consumir requeixo e mel, e nas Neves non queren deixar pasar a oportunidade de promocionar estes produtos tan bos e tan nosos.
Por iso lanzan unha proposta especial que denominan #RequeixoNaCasa. Un xeito de compartir o Requeixo e o Mel de igual maneira que se fería na feira o vVnres de Paixón, pero desta volta, dende a casa.
A idea básica é espallar polas redes sociais estes produtos subindo fotos e/ou vídeos coa etiqueta #RequeixoNaCasa nos que o requeixo e o mel sexan os protagonistas. Poden ser elaboracións ou degustacións de receitas, refráns, cancións ou mesmo historias relacionadas co requeixo e o mel.
O material gráfico publicado polas persoas que participen nesta Feira dende a casa, pode ser proxectado na Feira que se celebrará o día 11 de outubro. Para iso é necesario envialo a cultura@asneves.gal (pedirase nome a indicar na marca de auga das imaxes/vídeos).