O cartel da Feira do Viño de Amandi homenaxeará á muller viticultora

Os bodegueiros da subzona de Amandi vén de escoller o cartel promocional para a XL Feira do Viño de Amandi, que este ano ten prevista a súa celebración o 18 e o 19 de abril. 

Un xurado formado por bodegueiros seleccionaron por unanimidade o cartel de Isabel Núñez Montero, que representa no seu deseño "De sol a sol" unha homenaxe á muller vendimiadora que lle valeu un premio de 600 euros. 

O Concello de Sober ten previsto dar a coñecer o seu traballo nun acto que se celebrará o día 21 de marzo no miradoiro dos Chelos, en Amandi, no que tamén será presentada a programación do Mes do Amandi e os actos da feira. 
Isabel Núñez Montero gañou numerosos concursos de carteis nos últimos anos por toda Galicia, entre eles, o convocado pola Festa da Reconquista de Vigo, Festa do Marisco do Grove, Festa da Lamprea de Arbo ou polo Festival de Bandas de Música Concello de Meaño, entre outros.

Neste caso, impúxose entre 38 propostas chegadas de todo o estado, que se poderán ver nunha exposición durante a feira.