O actor, contador de contos e monologuista, Avelino González, será un dos invitados xunto con outras personalidades da cidade olívica.
A comida comezará ás 14:00 horas con sopa e empanada de maravallas; a continuación servirase o botelo, e como sobremesa a torta de roxóns. Todo elo acompañado con viños de Valdeorras. O prezo da comida é de 28 euros por persoa. O acto pechará cunha actuación musical.
Este será o último acto promocional do botelo desta tempada. Este ano, o Concello do Barco organizou unha serie de actividades para celebrar os XX anos da Festa do Botelo do Barco e segue traballando para dar a coñecer o embutido rei do inverno valdeorrés, o Botelo. A Festa do Botelo é Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014.