Concurso virtual do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

O consorcio turístico da Ribeira Sacra promove un concursos a través das contas que ten esta entidade nas redes sociais co obxectivo de ofrecer un entretemento aos seus seguidores e ao mesmo tempo continuar divulgando os valores e atractivos do territorio. 

Os perfís do consorcio en Facebook e Instagram publican imaxes de lugares representativos e elementos de interese da paisaxe e o patrimonio da Ribeira Sacra, mediante fotografías que aparecen a miúdo fragmentadas ou investidas e os seguidores destas contas deben identificar os lugares no que foron tomadas as imaxes.

Ao convocar o certame, o consorcio anunciou que tentará organizar un sorteo de estancias de fin de semana, publicacións turísticas e obsequios entre as persoas que interactúen con estas entradas mentres dure o período de alarma. 
Cada vez que se resolve un enigma, pídese aos concursantes que acheguen as súas propias imaxes do lugar ou o elemento que aparece en cada fotografía. 

Unha dás fotos publicadas é do palacio restaurado de San Paio de Diomondi, no Saviñao, e os seguidores deberáb subir fotos do mesmo edificio antes dá restauración, segundo explica a modo de exemplo Alexandra Seara, xerente do consorcio.