Feiraco pon a careta do Entroido e sortea 50 maletas vaca

Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) celebra o Entroido lanzando unha promoción especial da marca Feiraco nos principais puntos de venda, web e perfís sociais. 

Nesta ocasión, sortearanse 50 orixinais #MaletaVaca cun deseño exclusivo de Feiraco entre os consumidores; e así mesmo as caixas agrupadoras de leite disfrazaranse, como xa é tradición, coas máscaras tradicionais do Entroido do ‘triángulo máxico’ ourensán: Pantalla, Cigarrón e Peliqueiro. 

Para participar no sorteo das 50 maletas, os consumidores terán que comprar unha caixa de seis litros de calquera variedade de leite Feiraco e seguir a información que figura na páxina web: https://feiraco.es/destacado/carnaval2020/ e en Facebook: https://www.facebook.com/Feiracolacteos/ 

Esta campaña prolongarase até o 5 de marzo, cando conclúa a recepción de participantes e se proceda ao sorteo dos premios. Así mesmo, esta promoción complétase con materiais de imaxe decorados con motivos típicos do Entroido nos diferentes puntos de venda de Leite Feiraco e nos perfís sociais de CLUN.