Andaina do Chourizo na Probra de Trives


O Club Montaña Trives organiza no marco da Festa do Chourizo de Vilanova, `por sexto ano consecutivo a súa particular andaina. Unha proba lúdico-deportiva prevista para o sábado 1 de febreiro, con saída dende a praza do Pilón na Pobra de Trives ás nove da mañá.

Dende aí os participantes iniciarán un traxecto que cubrirá unha distancia duns 14 km (cunha duración aproximada de 3 horas e media) pasando por Cabalar, Sobrado, Castro e Vilanova, aínda que o percorrido poderá modificarse en función do estado dos camiños. Ten unha dificultade moderada e ao remate haberá unha gran chourizada.

As persoas interesadas en participar poderán realizar a súa inscrición, ata o 30 de xaneiro, na Oficina de Turismo de Trives ou ben a través do correo electrónico club.montana.trives@gmail.com.