A D.O. Rías Baixas inicia a entrega de acreditacións do medallero das catas HGg&T

As adegas de la D.O. Rías Baixas fornon as primeiras en recibir as medallas individualizadas que as acrediten como triunfadoras das catas HGg&T celebradas durante o ano 2018, cun acto que tivo lugar hoxe nas instalacións do C.R.D.O. Rías Baixas. 

Un total de 22 bodegas estaban convocadas a esta entrega de diplomas que certifican que obtiveron algunha medalla de ouro, prata ou bronce nas catas do pasado ano, demostrando nunha aposta continua pola calidade.  Acompañaron na mesa presidencial ao noso director-fundador, Guillermo Campos Piñón, e a Eva Miguez, anfitriona por parte de Consello Regulador, Pedro Villamarín representando á Asoción Gallega de Sumilleres (AGASU), e Pablo Estévez (AGE), membros inestimables dos nosos paneis de cata.

A cerimonia vén sendo a segunda parte, desenvolvemento, da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada en Santiago de Compostela o pasado mes de outubro, na que foran proclamadas esas distincións. 

Naquela ocasión, fíxoselle entrega aos consellos reguladores e entidades asimilables representantes dos colectivos produtores, as certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados. Agora tocaba entregar a distinción, individualmente, a cada empresa distinguida no ámbito dos viños, queixos, vermuts, conservas, cervexas, etc. 

En concreto, das comparativas celebradas en 2018, resultaron distinguidas no medalleiro HGg&T 25 marcas de cervexa, 22 vermús, 20 cavas e escumantes, 12 viños lusos (Verdes e Douros), 29 de Rías Baixas, 18 de Valdeorras, 25 de Ribeiro, 18 de Ribeira Sacra, 9 de Monterrei, 10 do Bierzo, 3 de Castela e León, 4 de Toro, 4 de Rueda, 22 de Rioja, 12 de Ribera del Duero e 9 marcas de conservas de peixe. 

A entrega dos diplomas de Rías Baixas abre un completo calendario no que se entregaran os diplomas da D.O. Ribeiro, D.O. Ribeira Sacra, D.O. Valdeorras, e Monterrei, así como as cervexas, vermuts e conservas para as que celebrará un acto conxunto nas instalacións de ANFACO-Cecopesca.