Vegalsa Eroski e Agaca renovan convenio de colaboración


A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) e Vegalsa-Eroski asinaron en Salimat (Silleda) un convenio polo que a distribuidora se compromete a comercializar os produtos de horta das empresas integradas na agrupación. Este convenio lévase ratificando dende o ano 2011, polo que José Gonzalez felicitou a ambas partes por reiterar o seu compromiso cos produtos agrarios de orixe galega e, por conseguinte, coa xente do rural. 

A través deste acordo, asinado no marco da Semana Verde, Agaca comprométese a ofrecer produtos de orixe galega con alto nivel de calidade, sabor e diferenciación, que garanta a satisfacción dos clientes. Ademais, ao abeiro do convenio, a agrupación de cooperativas e Vegalsa-Eroski levarán a cabo accións de comercialización que contribúan ao desenvolvemento do tecido económico galego. Así, propiciarán, dentro do posible, proxectos de formación, actuacións piloto promocionais e de mellora do coñecemento da economía rural e do sector agroalimentario. 

Esta unión é un exemplo do que se debe facer en Galicia para garantir o futuro do rural, apostar pola cooperación e a facer máis competitivas ás empresas agrarias galegas e, polo tanto, a mellorar as condicións de vida dos seus traballadores, que son os veciños do rural.