A Xunta reivindica o papel vertebrador do Camiño

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou na inauguración da Conferencia anual de Asociación de Estudos Rexionais (Annual Conference of Regional Studies Association), un congreso de carácter internacional que está reunindo en Santiago a máis de 500 expertos para debater sobre desenvolvemento, problemáticas e retos das rexións baixo o lema" Empuxando rexións máis alá das súas fronteiras".

O titular de Cultura e Turismo aproveitou a inauguración deste congreso para reinvindicar o papel que desenvolveu o Camiño de Santiago como nexo de unión con Europa e a súa vinculación co paisaxe e o territorio. “Santiago de Compostela e a Ruta Xacobea compoñen un espazo de unión para compartir os valores fundacionais sobre os que se construíu Europa”, subliñou. 

Do mesmo xeito, Román Rodríguez tamén salientou a necesidade de que Galicia se diferencia como pobo, sempre “desde o respecto e solidariedade”.