Promoción do selo SICTED da man da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, continúa a promoción do selo Compromiso de Calidade Turística do SICTED entre as empresas e outras entidades do sector. As presentacións diríxense a empresas ou servizos cuxos clientes son, no seu maior parte, turistas. 

A primeira xornada de presentación do proxecto foi na Guarda, e o pasado xoves tivo lugar outra charla no salón de plenos do Concello da Illa de Arousa. 

O día 16 organizarase outra charla ás 11.00 horas no Auditorio Municipal de Caldas de Reis (paseo Román López s/n); e o día 20 tocaralle a quenda a Mondariz cun coloquio na Biblioteca Municipal (Rúa Merouces, 18) tamén ás 11.00.

Turismo Rías Baixas financia ao 100% os gastos para a obtención do selo Compromiso de Calidade Turística, un sistema de xestión e mellora da competitividade das entidades do sector turístico situadas no destino SICTED provincia de Pontevedra – Rías Baixas. A institución provincial, por medio de Turismo Rías Baixas, ofrece ás empresas que queiran adherirse un plan de formación, visitas de asesoramento para a implantación de boas prácticas en calidade turística, e avaliacións que contrastan a adecuación da empresa/servizo aos estándares de calidade, así como a participación en grupos de traballo que desenvolven propostas de mellora para o destino. 

Estas actividades desenvolveranse entre os meses de maio e outubro. O proxecto conclúe coa obtención do selo de calidade - distintivo Compromiso de Calidade Turística, tamén sen custo para os beneficiarios. Actualmente están distinguidas 271 entidades que representan 27 oficios ou actividades turísticas, como aloxamento, restauración, comercios, turismo activo, turismo industrial, transporte, comercio,... 

Para adherirse ao proxecto débese tramitar a solicitude ata o 20 de maio a través da web Compromiso de Calidade Turística indicando Destino: “Provincia de Pontevedra-Rías Baixas” ou enviando un protocolo de adhesión ao email sicted.riasbaixas@depo.es.

f_ turismoriasbaixas.com