Paradela, onde os pasos cobran vida

De entre todas as celebracións da Semana Santa en Galicia, a de Paradela (Meis) pode presumir de ser a máis realista, coa particularidade de deixarnos asomarnos en directo a todas as escenas finais da vida de Xesús.

Non é que os veciños desta parroquia do Concello de Meis teñan unha máquina do tempo. Pero dende hai máis de dous séculos vólcanse nunha entregada representación da Paixón, Morte e Resurrección que está considerada de Interese Turístico Galego e que cada ano atrae un gran número de visitantes.

Todas as escenas reprodúcense coidadosamente seguindo un guión inmutable escrito hai dous mil anos. Pero os pratos fortes están previstos para o Xoves e o Venres Santo. A última cea escenifícase con detalle, incluindo o lavatorio dos pés, a bendición de Xesús e a traición de Xudas no Monte dos olivos.

Para o venres queda o xuízo ante Pilatos e Herodes, seguido de desprezos e latigazos reais e dunha crucifixión na que os actores que encarnan a Xesús a aos ladróns son colgados, cun realismo que estremece aos asistentes. Menos mal que queda o Domingo de Pascua para pechar con bo sabor de boca un espectáculo digno de contemplar sexamos ou non crentes.