As montañas do Courel convértese no primeiro Xeoparque de Galicia

O proxecto presentado en 2017 polos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil acaba de ser aceptado polas Nacións Unidas, convertendo ás Montañas do Courel no primeiro Xeoparque recoñecido de toda Galicia. 

Non era fácil conseguir este prestixioso recoñecemento no primeiro intento, pero a riqueza xeolóxica da zona conseguiron encandilar aos técnicos que a visitaron durante o verán pasado, a francesa Sophie Justice e o chino Zhang Jianping. 

Porque sen menosprecia a diversidade de flora e da fauna das montañas, o valor máis destacado das Montañas do Courel é a xeoloxía, de feito o fío conductor da proposta foi a unión indisoluble dos seus habitantes coas rocas ao longo da historia. 

Así, no proxecto destacábanse as máis de cen explotacións auríferas que tiñan os antigos romanos na zona, as quince ferrerías da época moderno ou a abundancia de pizarra que leva sendo usada como material de construcción dende o neolítico. 

Roberto Castro, tenente de alcalde de Ribas de Sil e presidente da asociación de municipios que impulsou a candidatura xa amosou a súa satisfacción ante unha noticia que tamén pone en valor meses de traballo conxunto para mellorar o aproveitamento turístico da zona e promocionar a candidatura.