Baiona conmemora a Arribada

Baiona está de festa. Conmemora esta finde semana a Arribada, é edir a chegada da carabela La Pinta coa nova do Descobremento, carabela pilotada por García Sarmiento, que era de Gondomar e capitaneada por Martín Alonso Pinzó. A novfa recibeea Paio Beloso, que era brazo dereito de Pedro Álvarez de Sotomayo, Pedro Madruga.

Un amplísimo programa de actividades despregarase ata o domingo, enchendo de algarabía as rúas da vila. Representacións teatrais, espectáculos circenses ou de cetrería, demostracións de combate medieval, fogos artificiais, talleres infantís e todo un rosario de posibilidades para gozar dunha das festas históricas máis importantes de España. 

O colofón final a esta recreación histótica poñerao a representación da obra da "Arribada do Descubrimento", escrita por Avelino Sierra e dirixida por Mónica Sueiro, no mesmo escenario de hai 526 anos.