Preto de mil persoas acudiron á chamada do porco celta en Sarria

A III Edición da Feira Internacional do Porco e os seus produtos FIPORCO e XI Festa do Cocido do Porco Celta da Comarca de Sarria, organizada pola Academia Galega de Gastronomía, congregou preto de mil persoas esta fin de semana, atraídas polos 16 expositores e polos 3 establecementos que ofreceron menús a base de cocido. 

Alí estivo o deputado de deputación provincial, Pablo Rivera, que aproveitou para poñer en valor  “a relevancia que acadou este evento, non só para a Comarca de Sarria, senón para toda a provincia, como impulsor da raza do Porco Celta e da súa gastronomía. FIPORCO converteuse nunha cita de referencia dentro do calendario gastronómico da nosa provincia, sendo capaz de reunir a un milleiro de amantes dos produtos derivados desta raza autóctona”.

A III Edición da Feira Internacional do Porco e os seus produtos FIPORCO e XI Festa do Cocido do Porco Celta, permitiu promover o porco celta como única raza porcina española autorizada para o uso do logotipo Raza Autóctona 100%. 

Os expositores que houbo na Feira foron: Teijeiro SL, Cárnicas Sabelugo SL, Embutidos Casa Neiras, Embutidos Suarna SL, Cachenas de San Breixo, ASOPORCEL, Boaga (Federación de razas autóctonas), Queserías Sarrianas, Torta de Sarria, Queixos Casa López, Do Souto, Mel Abella Celta, Arlo productos gourmet, Embutidos Abuela Delfina, Gran Despensa Real Abadía de Samos e Embutidos Oribio Samos.Os tres restaurantes adheridos nos que se puido degustar o porco celta foron: Hotel A Veiga de Samos, Hotel Roma e Hotel Alfonso IX.