Bo balance da 23ª edición do OUFF e grandes expectativas cara o 2019

8.316 persoas pasaron polo festival de Ourense (OUFF), 6.249 persoas asistiron as salas os 5 días de proxeccións, e, delas, o 70% votaron as películas da Sección Oficial, o que significa, na súa opinión, que "Ourense quería este festival e que o público tiña gran implicación". Ademais, as 10 longametraxes en competición foron valorados cunha nota media de 3,5 nunha escala do 0 ao 5. A película mellor valorada foi Capharnaum con 4,77 sobre 5.

O balance da 23ª edición do OUFF "foi un éxito mediático, de público e crítica", o festival "amosou nesta edición, unha das melloras das celebradas ata o de agora, a gran calidade das obras e da programación, situando a Ourense como capital do cinema" concluíu o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Tamén remarcou a importancia deste evento e a das actividades ao seu redor no que suporá de promoción audiovisual para a provincia de Ourense cun catálogo de localizacións para rodaxes; coa nova película de Xabier Bermúdez, ou o protagonismo que Blanco Amor terá en 2019, coincidindo co 40º aniversario do seu pasamento coa reedición dos seus guións cinematográficos e ocupando espazo propio no vindeiro OUFF"

O presidente do goberno provincial afirmou que este certame "foi un éxito de público e de crítica, e por riba de todo, recibiu o aplauso dos ourensáns; conectou coa veciñanza. É un gran proxecto da Deputación de Ourense e o Festival de Cine de Galicia", e dixo que é "cuestión de tempo" que o Ourense Film Festival se posicione entre os "mellores festivais de cine de España".

f_ ouff.org