Amigos de Antonio Odriozola convertirase nun seminario de divulgación permanente

A Asociación de Amigos de Antonio Odriozola, entidade creada en vida do erudito cuxo XXX cabodano se cerra este 7 de nadal, converterase nun seminario permanente de difusión de coñecemento nos vectores que constitúen os eixes máis salientables do legado de Odriozola, isto e, por un lado a investigación bibliográfica e nomeadamente sobre a gastro-literatura -arredor da súa biblioteca que garda o Museo de Pontevedra- a botánica (as camelias, os cogomelos) ou a musicoloxía, outro dos vectores transversais que definiron a vida do ilustre polígrafo.

"Odriozola, ademais de ser unha autoridade en occidente na catalogación de incunables e bibliófilo de prestixio, ou responsable na divulgación e combate da aversión dos galegos os cogomelos… foi un liberal sabio, xeneroso comunicador dos seus saberes, sinxelo e cercano atesourador dos vellos principios liberais, protagonista dun xeito de entender a vida, que o acredita como mestre para as novas xeracións", explicou Guillermo Campos, presidente das asociacións de Amigos e da de Xornalistas e Escritores de Turismo (AGAXET) das que parte a iniciativa.

O xornalista pontevedrés anunciou a vontade de manter unha programación conxunta divulgativa en torno as disciplinas citadas durante súa intervención na sesión literaria que, co apoio da Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra (Amupo) se celebrou onte a tardiña no Sexto Edificio, moderada polo presidente desta entidade, Ernesto Vázquez-Rei Farto, memorial en torno a "30 anos sen Antonio Odriozola. 

Vixencia do seu legado", na que interviron tamén o fundador de Hifas da Terra e histórico colaborador con Odriozola desde o Centro Forestal de Lourizán, e o director do Museo de Pontevedra -do que era don Antonio era patrono- quen negociou a integración da biblioteca Odriozola nos fondos da entidade dependente da Deputación de Pontevedra.

A Asociación de Amigos de Antonio Odriozola, entidade creada en vida do erudito cuxo XXX cabodano se cerra este 7 de nadal, converterase nun seminario permanente de difusión de coñecemento nos vectores que constitúen os eixes máis salientables do legado de Odriozola, isto e, por un lado a investigación bibliográfica e nomeadamente sobre a gastro-literatura -arredor da súa biblioteca que garda o Museo de Pontevedra- a botánica (as camelias, os cogomelos) ou a musicoloxía, outro dos vectores transversais que definiron a vida do ilustre polígrafo.

"Odriozola, ademais de ser unha autoridade en occidente na catalogación de incunables e bibliófilo de prestixio, ou responsable na divulgación e combate da aversión dos galegos os cogomelos… foi un liberal sabio, xeneroso comunicador dos seus saberes, sinxelo e cercano atesourador dos vellos principios liberais, protagonista dun xeito de entender a vida, que o acredita como mestre para as novas xeracións", explicou Guillermo Campos, presidente das asociacións de Amigos e da de Xornalistas e Escritores de Turismo (AGAXET) das que parte a iniciativa.

O xornalista pontevedrés anunciou a vontade de manter unha programación conxunta divulgativa en torno as disciplinas citadas durante súa intervención na sesión literaria que, co apoio da Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra (Amupo) se celebrou onte a tardiña no Sexto Edificio, moderada polo presidente desta entidade, Ernesto Vázquez-Rei Farto, memorial en torno a "30 anos sen Antonio Odriozola. Vixencia do seu legado", na que interviron tamén o fundador de Hifas da Terra e histórico colaborador con Odriozola desde o Centro Forestal de Lourizán, e o director do Museo de Pontevedra -do que era don Antonio era patrono- quen negociou a integración da biblioteca Odriozola nos fondos da entidade dependente da Deputación de Pontevedra.