Multiaventura en Sportur Galicia

Sportur Galicia abriuen Expourense as portas da súa segunda edición convertido no mellor escaparate para dar a coñecer o labor que realizan ao longo de todo o ano as federacións e clubes deportivos de Galicia ofrecendo un programa con máis de 100 actividades orientadas a promover unha vida activa, saudable e en contacto coa natureza. Esta cita, que concluirá o sábado 17 ás 20.00 h., ven demostrar o perfecto binomio que en Galicia forman o turismo e o deporte á hora de vender á nosa comunidade como destino entre mercados de proximidade incluíndo ademais a presenza de expositores de Asturias e do Norte de Portugal. 

Sportur Galicia 2018 foi inaugurado esta mañá pola secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez, acompañada polo alcalde de Ourense e vicepresidente executivo de Expourense, Jesús Vázquez; polo vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; e polo presidente do Clúster de Turismo de Galicia Cesáreo Pardal. D

Durante estes tres días, o recinto de Expourense convértese nun gran parque multiaventura que ofrece un completo programa de actividades dirixidas tanto aos deportistas profesionais como aos afeccionados como tamén para as familias xa que lles permitirá practicar deportes xa coñecidos e descubrir outros novos, así como coñecer novos destinos próximos onde gozar da natureza. E

Co obxectivo de combinar o binomio turismo+deporte en Galicia, Sporturre forza nesta segunda edición a súa compoñente profesional para posicionase tamén como centro de negocios a través de accións como o 2º Workshop de Turismo Activo de Galicia no que participarán 10 maioristas de viaxes especializados en turismo

Sportur Galicia está organizado por Expourense coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e da Axencia de Turismo de Galicia. Súmanse tamén os esforzos da Deputación Provincial de Ourense e o INORDE e o Concello de Ourense a través do Consello Municipal de Deportes e de Turismo. A entrada é gratuíta, e o horario de feira de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.