Expourense acoje una nueva edición de Sportur Galicia

Posicionar Galicia como destino para o turismo deportivo e activo. Este é un dos obxectivos da segunda edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebrará en Expourense os días 15, 16 e 17 de novembro e que tamén servirá para visibilizar o traballo realizado durante todo o ano por parte das federacións e clubes deportivos da comunidade. 

A celebración desta segunda edición servirá de quecemento para a XLII Carreira Popular de San Martiño cuxos corredores recollerán os seus dorsais no recinto feiral nos días previos a esta proba deportiva que xasu perou os 11.000 inscritos. 

Os datos de Sportur Galicia 2018 foron presentados en Expourense nun acto no que participaron a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez: a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o vicepresidente da Deputación e presidente do INORDE, Rosendo Fernández; o concelleiro de Turismo de Ourense, Jorge Pumar; o conclleiro de Deportes de Ourense e xefe de servizo de deportes da Xunta, Mario Guede, o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e a directora de Sportur, Emma González. 

Sportur Galicia naceu en 2017 con vocación de continuidade e coobxectivotamén de converterse en cita internacional en próximas edicións, xaque combina o binomio deporte + turismo e contribuirá á desestacionalización do turismo achegando visitantes de proximidade a través do deporte. Esta cita quere situarse ademais como o Esta cita quere situarse ademais como o foro do turismo activo do Noroeste Peninsular debido a que conta coa participación activa de Asturias e do Norte de Portugal.

Esta segunda edición convoca a 120 expositores, e a 7 países representados, entre os que destacan as federacións e clubes deportivos de Galicia e destinos de turismo activo e vencellados coa natureza que comparten espazo con empresas especializadas na organización integral de actividades deportivas ou venda directa, entre outros. Entre os expositores procedentes de Portugal destaca a presenza dos parceiros de Turismo Porto e Norte que animou ás cámaras municipais a presentarse como destino activo de proximidade. Dentro desta rexión tamén haberá outros destinos que participan de xeito independente como Ponte de Lima, Montalegre, Melgaço ou Vila Real, entre outras.