Quincuagésimo aniversario de Feiraco

Con motivo do seu aniversario, Feiraco  celebra un acto conmemorativo en Santiago de Compostela no que está prevista a asistencia de máis de 300 persoas desde socios, personalidades institucionais, clientes e colaboradores de diferentes ámbitos.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, participarán no evento no que se proxectará o audiovisual “Feiraco, 50 anos liderando o lácteo galego”, que resume en clave histórica os principais fitos da Cooperativa. 

Tamén está prevista a entrega de recoñecementos a diferentes entidades e persoas que contribuíron ao desenvolvemento de Feiraco desde as súas áreas de influencia.