Comeza a asemblea da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa

Desde este mércores ata o venres 5 de outubro, medio cento de delegados europeos participarán asemblea da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa (EHTTA), evento, co-organizado pola Deputación e o Concello de Ourense. As actividades abranguen sesións e relatorios sobre diferentes temas de actualidade no sector e a realización de visitas de estudo a diferentes enclaves termais da cidade e da provincia.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na asemblea en calidade de vicepresidente da Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa, entidade á que pertence a Deputación de Ourense e que supón a rede termal máis importante de Europa, na que están presentes 40 membros de 13 países, con cidades como Baden Baden, Bath, Budapest, Vichy e a propia capital de Ourense, unha das fundadoras, ao tempo que forma parte do Itinerario Cultural Europeo das Cidades Históricas Termais.

Na programación destaca a celebración, o 3 de outubro, do seminario "Cafés de Europa", que estará aberto a toda a cidadanía, e no que se abordará o rol das vilas e cidades termais como axentes de sostibilidade ambiental. Este evento tamén servirá para poñer o foco sobre os aproveitamentos enerxéticos vinculados aos recursos termais mineromedicinais. O seminario, aberto ao público, desenvolverase o día 3 de outubro de xeito previo á asemblea, e abordará proxectos como o Geoatlantic, iniciativa comunitaria financiada con fondos FEDER na que Ourense actúa como socio líder. Co título "A outra cara da auga. Estratexias de sostibilidade en destinos termas", o seminario servirá para compartir experiencias arredor da enerxía das augas termais, xeotermia, aforro enerxético, protección do recurso, etc. Un espazo de reflexión no marco do Itinerario Cultural Europeo das Cidades Termais Históricas unha ruta cultural do Consello de Europa.

f_ depourense.es