Comer e durmir no Grove

O Grove é un dos grandes destinos galegos nos que deixarse perder e abandoarse por uns días á hiperuremia dos mariscos e moluscos. Dende 1963 celébrase no mes de outubro a “Festa do Marisco”, cita gastronómica con caché internacional que se converteu co paso dos anos nun dos principais elementos desestacionalizadores da terra e da comarca por inercia propia.

Comezou o certame co propósito de exaltar o marisco e os moluscos da Ría pero co paso dos anos a localidade acadou o sobrenome de “Paraíso del Marisco”. Hoxe en día son máis de 200.000 as persoas que nos albores do outono se achegan á localidade para disfrutar das degustacións populares de marisco baixo carpa, ou a mesa e mantel -como mandan os cánones- do mellor marisco do mundo a prezos razoables, que non baratos, en restaurantes que merecen a pena e xustifican en si mesmos a escapada.

O Grove é marisco, crustáceos e bivalvos (a centola nesas datas está en veda), mexillón de batea, nécora, camarón, cigala, ostra, vieira, ameixa, percebe, ou por qué non rodaballo de acuicultura producido nas terras mecas. O resto corre a cargo dos cociñeiros e cociñeiras que ofician nos fogóns dos que arrecende aroma marino.

Dende HGg&T propoñemos aos visitantes disfrutar destes froitos do mar nos restaurantes da localidade, moitos e algúns moi bos, con oferta para todos os petos, como os suxeridos nestas páxinas que lles ofrecemos para o seu deleite. D´Berto, seguramente un dos mellores restaurantes de produto de Galicia, A Solaina, con dous establecementos de copete no centro meco, o Rei do Marisco e outros moitos a elexir, coma o Pan de Millo, outro dos imprescindibles no Grove.

Coa Lamentable decrepitude do que foi bandeira do turismo galego -o noutros tempos glamuroso Gran Hotel de La Toja- desde que foi mercado pola cadea Hotusa (e xa iniciada anteriormente durante a xestión de Hesperia). O Grove conta cunha pranta hoteleira de calidade, excelente oferta que abrangue un amplo abano de posibilidades, na súa práctica totalidade hoteis e aloxamentos de carácter familiar, de trato amable e confortables, asequibles segundo categoría a todos os petos; e campings (eis dous recomendables exemplos nestas páxinas) que están entre os mellores de Galicia, equipados con modernos bungalós.

Facendo fincapé nos campings que escollemos como exemplos, o Moreiras, en Reboredo, está equipado con modernos bungalós con capacidade para 2 e 5 persoas, parcelas individuais para acampada, cafetería- restaurante e piscina. Situado a carón do Aquario de O Grove a escasos 200 metros do Museo da Salga en Punta Moreiras.

En San Vicente do Mar, O Siglo XXI, ademáis dos equipamentos que corresponden a un camping de primeira categoría (cafetería-restaurante, piscina, pista polideportiva, etc.) conta coa singularidade de que cada parcela está equipada con baño individual, algo moi pouco habitual neste tipo de aloxamentos, e dende logo un valor engadido para unas vacacións en familia en plena natureza.

A planta hoteleira do Grove é amplia e variada, con capacidade para acoller turismo de congresos e turismo vacacional e familiar durante todo o ano. Un catro estrelas, que ben poderían ser cinco, na Illa da Toxa, o Hotel Louxo, que tomou o relevo por dereito proio do Gran Hotel, a carón mesmo do casino; ofrece amplas habitacións e suites, centro de talasoterapia, e unha boa oferta gastronómica nos restaurantes Punta Vendaval e La Garza.

O Norat Marina & SPA, é o único catro estrelas situado no centro de O Grove, equipado con SPA, habitacións de diseño, salóns para eventos e restaurante á carta-vinoteca. Camiño de San Vicente do Mar, en Reboredo, atopámonos cun tres estrelas de calidade superior como o Bosque Mar, ao que poderíamos calificar como un mini resort, cun fantástico xardín tropical e un pequeno SPA en plena natureza. No restaurante deste hotel as verduras e hortalizas que se sirven en temporada proceden da horta que cuida e cultiva a propiedade.

Temos máis, no centro da vila, na rúa Castelao, o hotel Villa Juanita, tres estrelas cómodo e con prezos axeitados, instalacións amplias e cómodas, salón comedor e trato moi familiar. Moi preto, na mesma rúa, está o Hotel Angelito, todo un clásico na oferta de aloxamento grovense que aminora o número de estrelas pero non a calidade do servizo ofertado.

Por comodidade, calidade e ubicación, outra opción recomendable é o hotel Puente de La Toja, situado mesmo fronte á ponte que une a península coa Illa da Toxa. Un tres estrelas recentemente remodelado que oferta 40 habitacións, solárium, cafetería, salón de masaxes, e moito máis. 

Dende logo hai máis, moito e variado, cunha oferta de lecer que vai máis alá do aloxamento, caso do Acuario, de xestión privada, ou o Museo da Salga, no que se explica o proceso da salgazón da sardiña que se seguía a a finais do século XVIII e durante o XIX. Está situado en Punta Moreiras, casi a carón do Acuario, pero deficientemente ou nulamente promocionado pola administración local. Mágoa, polo seu valor turístico e etnográfico.