Bos datos de ocupación en Lugo na ponte do Pilar

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva alcanzando unha media dun 93 % de ocupación. 

Destacan ademais que se logrou unha suba maior a anos anteriores xa o xoves 11 de outubro, véspera do festivo. 

Lugo foi a zona da provincia con máis visitantes, cunha media do 97 % de ocupación. A Ribeira Sacra logrou o 90 % e A Mariña alcanzou o 93 %. 

Os hostaleiros consultados sobre este balance da ponte coinciden á hora de afirmar que o día de maior ocupación foi o venres 12 de outubro, durante o cal algúns deles tiveron que colgar o cartel de completo.