Vigo e Moaña deron conta de oito toneladas de mexillóns

Xa está pechado o mes de Agosto, pero as festas gastronómicas aínda non esmorecen en Galicia. Este domingo, en concreto, tocoulle o turno ao mexillón, que se exaltou e consumiu por toneladas en ambas beiras da ría de Vigo.

Por unha banda, a Federación de Peñas Recreativas el Olivo celebrou a XII edición da súa festa do mexillón, reunindo no parque municipal de Castrelos a unhas 2.500 persoas que esgotaron as existencias de mexillóns ao vapor e empanada de mexillóns.

Pese ao aumento de produto disposto pola organización, que subiu ata as 3 toneladas e media, non foi suficiente para atender á gran cantidade de persoas que acudiron a unha festa que medra cada ano.

E iso que gran parte dos afecionados a este molusco estaban na XXIV edición da festa do mexillón organizada pola Asociación de Muleres de Moaña, que serviron nada menos que 5.000 quilos de mexillóns donados polas cooperativas de bateeiros do municipio.

Un domingo, en definitiva, de exaltación e reivindicación dun produto moi noso, que miles de comensais redescubriron na ría de Vigo.