Valdeorras prepárase para o comezo da vendima

Godeval
A vendima en Valdeorras dará comezo oficialmente o vindeiro mércores 12 de setembro. No territorio amparado, a primeira adega en iniciar os traballos de recollida da uva será Godeval S.L. Así llo notificaron os seus responsables ao Consello Regulador. 

A campaña da vendima de 2018 iníciase en Valdeorras cun lixeiro atraso respecto ao inicialmente previsto, por mor das precipitacións rexistradas nos últimos días. Tamén se atrasa o inicio notablemente en relación á atípica campaña do ano pasado, que comezara a mediados de agosto e tivera que ser realizada en dúas fases por mor das xeadas de finais de abril. 

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, prevé que a deste ano sexa unha vendima “longa”, que se realice ao longo de seis ou sete semanas. Xunto a isto agarda que, malia as afeccións nalgunhas zonas por mildeu, as uvas recollidas en Valdeorras se distingan un ano máis pola súa “elevada calidade” e permitan elaborar “magníficos viños”.