Un novo convenio reforza o turismo náutico galego


A Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) vén de firmar un acordó de colaboración con Turismo de Galicia e AGADER para poñer en marcha dous novos proxectos costeiros, continuando co obxectivo de situar a Galicia como referente internacional de turismo náutico.

Por unha banda está o proxecto Ecodestin, que busca desestacionalizar a oferta mediante a creación, promoción e comercialización de 50 novos produtos vinculados coa cultura do mar, a náutica recreativa e o patrimonio natural da Comunidade galega. De entre estes produtos a estrela son os Minicruceiros Costeiros polas Rías de Galicia, en funcionamento desde o ano pasado, nos que participarán máis de 4.000 persoas nas diferentes saídas previstas ata o mes de outubro.

O segundo dos proxectos, Capiten -no que ademais se inclúen 18 socios de Francia, Reino Unido, Irlanda, España e Portugal-, impulsa a creación do Clúster Náutico que traballará para converter os portos galegos en puntos de información turística, atraer a Galicia novos turistas nacionais e internacionais e facer extensiva a experiencia dos Minicruceiros Costeiros polas Rías ao norte de Galicia.

Este segundo proxecto europeo ten o seu marco de actuación nas provincias de Lugo e A Coruña, onde se pretende implantar cruceiros costeiros ou pequenos cabotajes, similares aos minicruceros que xa operan na actualidade nas Rías Baixas.