Os entroidos tradicionais reúnense no Obradoiro

Esta fin de semana a praza do Obradoiro en Santiago de Compostela viviu unha imaxe bastante atípica, sobre todo para o mes de setembro. Todas as personaxes típicas dos entroidos galegos reunironse nun desfile organizado por Turismo de Galicia para promoionar esta festa entre os turistas. 

Houbo cigarróns, volantes, xenerais, felos, pantallas, boteiros, mázcaras, bonitas, madamas e galáns… Todos ofreceron un anticipo cheo de cor e diversión do que poderemos desfrutar por partes coa chegada do novo ano. 

Estiveron presentes os nove entroidos considerados de Interese Turístico: Cobres (Vilaboa), Manzaneda, Maceda, Laza, Verín, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xenerais da Ulla e Xinzo de Limia. Ademais nesta cuarta edición do desfile tamén acudiron os Volantes de Chantada, as Bonitas de Sande (Cartelle), os Vellaróns de Riós e los Vergalleiros de Sarreaus como entroidos invitados. 

Todos desfilaron xuntos saíndo do obradoiro e recorrendo a zona monumental para delicia dos presentes. O desfile tamén contou coa participación da directora de Turismo, Nava Castro e da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.