Buscar/Hemeroteca

miércoles, 5 de septiembre de 2018

Convocatoria os premios EcoeLabora que se entregarán no XIII Congreso de Agricultura Ecolóxica de SEAE

A Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica/ Agroecología ( SEAE), convoca a cuarta edición dos Premios “ EcoeLabora- SEAE” á Xeración e Xestión do Coñecemento e a Innovación en Agroecología e Produción Ecolóxica. A entrega dos premios realizarase o 15 de novembro, durante o XIII Congreso de Agricultura Ecolóxica de SEAE

Con estes premios, SEAE quere recoñecer a aquelas persoas ou entidades (elaboradores, agricultores, comercializadores, promotores do consumo, técnicos asesores, investigadores, e autoridades competentes ou de control) que contribúen a desenvolver este modelo Agroecológico e de xestión dos agrosistemas que aúna a produción de alimentos de calidade e a conservación de recursos naturais, considerando a agricultura e a gandería ecolóxica como motor esencial para enfrontar os retos que ten expostos o sector tales como: a conservación e mellora da biodiversidade, a mitigación/adaptación do cambio climático, a soberanía alimentaria, a escaseza de auga e o desenvolvemento rural sustentable e a paisaxe. 

Modalidades: 
1) Xeración do coñecemento/innovación Agroecológica e produción ecolóxica 

2) transferencia/divulgación do coñecemento/innovación en produción ecolóxica 

3) Xeración e difusión do coñecemento/innovación en elaboración ecolóxica 

4) Xeración e difusión do coñecemento/innovación en restauración ecolóxica 

5) Xeración e difusión do coñecemento/innovación en consumo ecolóxico

Pódese consultar a convocatoria na web da SEAE Convocatoria premios Ecoelabora 2018

No hay comentarios: