Concurso de Tapas D’Viños polas termas en Mondariz Balneario


Queres coñecer cal é a mellor tapa de Mondariz Balneario? Queres gañar fantásticos premios só por votar aos petiscos candidatos? Achégate esta fin de semanaao concello pontevedrés e participana ruta que pon en sintonía diferentes acompañamentos para saborear na compañía do albariño D. Pedro de Soutomaior.

Sete son os establecementos que participan esta fin de semana no concurso de tapas que organiza o Concello de Mondariz Balneario en colaboración co albariño de Adegas Galegas, D. Pedro de Soutomaior e o Balneario de Mondariz. En cada un deles, os participantes poderán pedir a súa tapa a un prezo de 2 euros, ou acompañala con D. Pedro de Soutomaior ou Pizarras de Otero a un prezo de 3,50 euros.

Logo da degustación é o momento da votación. Para poder votar é preciso solicitar a cartilla en calquera dos establecementos adheridos. Os participantes deberán indicar na cartilla a súa puntuación, garfo de ouro, prata ou bronce, seguindo o sistema do medalleiro olímpico, sendo a tapa gañadora a que acade un maior número de garfos de ouro.

Selando a cartilla e dando o voto os participantes optarán a gañar diferentes premios dependendo do número de selos que acumules, entre eles unha botella de D. Pedro de Soutomaior e outra de Pizarras de Otero.

Outro dos premios aos que poden optar é unha visita enolóxica con cata no Pazo de Almuíña de Adegas Galegas. Situado en Arbo e completamente reformado, esta construción histórica que data do 1665 sempre estivo ligado á cultura do viño está aberto ao público como centro de turismo rural e bodega, ofrecendo diferentes rutas e experiencias aos enoturistas da zona.