A ponte de San Clodio, en Leiro, luce todo o seu esplendor

A ponte de San Clodio que atravesa o río Avia en Leiro (Ourense) luce en todo o seu esplendor. A restauración e limpeza levada a cabo por especialistas neste tipo de traballos deixou á vista os elementos arquitectónicos e escultóricos deste monumento nacional construído a finais do século XV. 

Agora son visibles os os sillares e arcos da estrutura, así coma unha efixie de San Marcos e as denominadas "marcas" ou firmas que gravaban os canteiros neste tipo de traballos. 

A Mancomunidade Turística Terras do Avia promove nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño a restauración de cinco pontes. Nas vindeiras semanas tocaralle turno ao carballiñés de Castro Cavadoso, sobre o río Arenteiro, e o ribadaviense de Prexigueiro, sobre o río Outeiro. 

Con anterioridade, xa se efectuaron tarefas de limpeza das pontes de Balboa, sobre o río Viñao, en Boborás, e de Ponterriza, sobre o Arenteiro, entre Boborás e O Carballiño.