A Deputación de Lugo renova a súa páxina web


A Deputación de Lugo acaba de poñer en funcionamento unha páxina web completamente renovada, co obxectivo de ser máis atractiva, fácil de usar e accesible.

A nova páxina foi deseñada polos vecinos da provincia e presentada polo Deputado de Innovación, Pablo Rivera Capón, que destacou que se “dunha páxina moito máis visual, máis dinámica e moderna, na que a imaxe ten moita máis importancia. Ademais, é máis fácil, práctica e usable, pois o usuario pode facer procuras directamente pensando nos temas que lle interesan, sen necesidade de saber a que Área de Goberno ten que dirixirse. Polo tanto, está pensada por e para mellorar a experiencia de uso dos cidadáns”.

Rivera Capón engadiu que “tamén facilitamos o contacto cos diferentes departamentos, a través dun formulario e un directorio telefónico, para poder resolver calquera tipo de dúbida aos usuarios; e facilitamos a xestión de trámites online coa Deputación, habilitando un acceso directo tanto á sede electrónica, como ao Rexistro Electrónico. Por outra banda, cómpre subliñar que a nova web é responsive, é dicir, adaptada aos dispositivos móbiles, e absolutamente todo o contido está dispoñible nas dúas linguas oficiais: galego e castelán. Así mesmo, toda a páxina está indexada, así como os Boletíns Oficiais, o que permitirá realizar procuras máis áxiles por contidos”.