Novo sendeiro xacobeo entre os núcleos de Merexo e Os Muíños en Muxía

Ven de asinarse un convenio de colaboración polo deputado e responsable de Plans provinciais da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde do Concello de Muxía, Félix Porto, que confirma unha inversión de 495.598 euros para acometer a creación dunha sendeiro xacobeo entre os núcleos de Merexo e Os Muíños, e no que tamén se inclúe a mellora e pavimentación da estrada municipal que dá acceso á praia de Lago.

O proxecto, cofinanciado entre a Deputación da Coruña e o Concello de Muxía, ten por obxecto mellorar a seguridade viaria e peonil da veciñanza e dos centos de peregrinos que diariamente transitan polas estradas do municipio no seu camiño cara o Santuario da Virxe da Barca.

As obras, suporán un investimento total de 534.769,88 euros, dos que o 37% (200.000 €) serán achegados pola institución provincial a través do convenio do colaboración asinado esta mañá, 295.598,35 € serán financiados con cargo ao Plan único da Deputación (POS+2018), e os restantes 39.171,53 €, serán achegados mediante os fondos propios do concello.

f_ dacoruna.gal