Novo récord da tapa xigante de pulpo do Carballiño como preliminar da festa da festa do vindeiro domingo

As pulpeiras e pulpeiros do Carballiño marcáronse este martes o reto de superar o récord do pasado ano e cortar os 400 kg de pulpo que leva a tapa xigante en dez minutos. Nesta edición da Festa do Pulpo, o prato mantivo as medidas do pasado ano, 5,35 m de diámetro, xa que ninguén superou ainda este récord, e superou o reto ao cubrilo con talladas de pulpo en menos tempo do pasado ano, que foi de 10,58 m, e onte en sólo 10,08m.

Por outra parte, quedou ultimada a nova decoración da casa consistorial carballiñesa para a Festa do Pulpo, consistente en tres grandes rabos de pulpo, que semellan saír do interior do concello a través dunha fiestra e o balcón, que foron instalados co patrocinio da empresa Carpas Ourense e do propio concello do Carballiño.

A 56 Festa do Pulpo terá lugar o domingo 12 de agosto e intentará repetir o fito de afluencia e consumo de polbo do pasado ano, malia a que nesta edición do 2018, o concello márcase o reto de mellorar a calidade dos servizos, xa que non é moi doado que se superen as últimas cifras de preto de 100.000 persoas e arredor de 70.000 kg de polvo. 

Durante o acto de presentación, o alcalde, Francisco Fumega, se referiu á dedicatoria desta edición da festa ao Centro do Carballiño en Bos Aires como un xesto de agradecemento hacia os emigrantes da comarca carballiñesa na capital da Arxentina, e agradeceu a colaboración das institucións, como a Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Ourense e o Inorde, así como de Abanca e os demáis patrocinadores, dos que dixo que sen a súa axuda non sería posible ofrecer un programa tan ambicioso como o que se presenta.