Multiculturalidade nos Xoves de Códax aprol do Pobo Saharaui

A multiculturalidade chegará esta semana ao ciclo musical Os Xoves de Códax da man dun espectáculo aberto á improvisación e que fará que o público non pare de bailar. A vocalista e compositora de raíces galegas e palestinas Najla Shami, achegará á terraza de Martín Códax o jazz, funk e a Word music, estilos que foron coñecendo e traballando ao longo da súa carreira musical, todo iso fusionado coa música tradicional galega. 

A mestura de estilos de Najla Shami recibirá unha influenza extra na terraza de Códax onde estará acompañada pola banda brasileira Forro Mior, que ademais de ser fiel ao folk tradicional, na súa música alberga influenzas da cumbia ou a samba, entre outros estilos. Ambos reuniranse por primeira vez sobre un escenario, ofrecendo un epsectáculo que non deixará indiferente a ninguén. 

Ademais, con motivo do concerto enmarcado dentro do ciclo musical de Martín Códax, os artistas desta semana realizarán unha residencia artística no Pazo de Almuíña (Arbo), nun entorno perfecto para deixar fluír a arte e a musicalidade de todos os que o visitan. Nesta ocasión, Najla Shami e Forro Mior chegarán a Almuíña na tarde do mércores, onde estarán ata o mediodía do xoves, para ensaiar e ultimar os detalles do concerto.

Os Xoves de Códax é un ciclo musical solidario que destina a recadación das entradas dos seus concertos a diferentes asociación sen ánimo de lucro. Este xoves a organización beneficiada será Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, de Vigo. Esta entidade busca dar resposta ás necesidades de planificación e avance na xestión e execución da axuda humanitaria dirixida aos refuxiados saharauis que se dan en Galicia en coordinación coa Delegación Saharaui para Galicia.