Albariño e troula en Cambados

O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas prevé distribuír ata 35.000 copas para a LXVI Festa do Veu Albariño, que se celebrará desde hoxe e ata o domingo en Cambados. Así o indicou o presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, que participou na inauguración oficial desta cita. 

Nese mesmo momento abriron no Paseo da Calzada as 42 casetas onde 44 adegas da denominación de orixe mostran as súas elaboracións ao público. As casetas pechan ás tres da madrugada e o sábado o horario prolóngase media hora máis. E Quedan por diante 4 días de festa para degustar os mellores viños das Rías Baixas. 

Dende hoxe e ata o domingo os amantes do viño poden achegarse ata o paseo de da Calzada en Cambados para degustar os os viños das 42 adegas das Rías Baixas que participan no certame. 

A actividade no Paseo da Calzada, que se estenderá ata o domingo 5 de agosto, combinarase co VIII Túnel do Veu Rías Baixas e V Catas Temáticas organizadas polo Consello Regulador no Salón de Congresos e Exposicións José Pena de Cambados. 

A inauguración oficial desta cita será mañá ás 13:00 horas e contará coa presenza do vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, do presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo; do director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta, Miguel Ángel Pérez Dubois; e do secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro. 

Por un prezo de 15 euros, os visitantes poderán degustar 161 marcas pertencentes a 60 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas. O horario de apertura das instalacións é de 12:00 a 14:30 horas e de 19:00 a 21:00 horas o xoves e o venres, mentres que o sábado e domingo abrirán de 12:00 a 14:30 horas. 

Paralelamente, 11 adegas de Rías Baixas protagonizarán 12 catas temáticas, que se desenvolverán entre o xoves e o domingo. Desde o Consello Regulador esperan seguir incrementando o número de visitantes das últimas edicións.