Actividades lídico fluviais en Negueira de Muñiz, Ribas de Sil e Láncara

Os Concellos de Negueira de Muñiz, Ribas de Sil e Láncara acollen esta semana, as actividades lúdicas, deportivas-fluviais, gratuítas, e abertas para todos os públicos, que o Goberno Provincial leva entre os meses de xullo a setembro a Concellos da provincia. Serán concretamente nos espazos naturais de Negueira, na Área Recreativa Virxe da Veiga; en Ribas de Sil na Praia Fluvial de San Clodio, e na Praia Fluvial da Pobra de San Xiao do Concello de Láncara.

Con esta iniciativa o Goberno da Deputación contribúe a poñer en valor os recursos naturais e paisaxísticos, xa que as actividades desenvólvense en enclaves únicos, como son os Riós e as praias fluviais da provincia. Ademais, esta iniciativa converterse nunha alternativa ao turismo de praia, e tamén ofrece a todos os visitantes poder descubrir as posibilidades de lecer dos nosos ríos.

A programación de actividades deportivas fluviais, que é gratuíta e para todos os públicos, que se desenvolverán en espazos naturais, inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs... animacións musicais e xogos populares.

Cada sesión, que terá unha duración de entre tres e catro horas, contará coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargarán do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. Xa se celebraron sesións nos Concellos de Ribeira de Piquín, Navia de Suarna e na Fonsagrada.As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.