O Balido acada dúas Medallas de Ouro no World Cheese Awards

Os queixos galegos lograron en Londres alzarse con 9 medallas no concurso anual World Cheese Awards, un certame no que se elixe o mellor queixo do mundo. Este ano presentáronse 3.001 queixos a concurso, que foron avaliados por 120 xuíces internacionais. 

Un total de 6 queixerías galegas lograron 9 medallas, da que tres corresponden a “elaboracións tradicionais” (un queixo tipo país e 2 San Simón da Costa), mentres que as outras mencións son para queixos de novas formas de facer e queixos non tradicionais de Galicia.
Os queixos premiados foron Queixos de Ovella O Balido, con 2 ouros; Cortes de Muar, 1 ouro e 1 prata; Queixos de Cabra Touza Vella, 1 prata e 1 bronce; Queserías Sarrianas, 1 prata; Queixería Catadoiro 1 bronce e Queixería Cas Leiras: 1 bronce.

O Balido, o grande triunfador, é un queixo artesano natural curado en casa de pedra galarza galega, na comarca pontevedresa do Deza,. Trátase do primeiro queixo galego artesano elaborado con leitce cen por cen de ovella alimentada con pasto verde